A ITV agrícola estará na Pobra do Brollón do 3 ao 5 de maio

RibeiraSacraXa
A unidade móbil prestará servizo na pista que vai ao campo de fútbol da localidade. Os interesados poden solicitar xa cita previa.
tractor
tractor
14 abr 2021

A unidade móbil da ITV desprazarase á Pobra do Brollón os vindeiros días 3, 4 e 5 de maio para realizar a inspección técnica de vehículos agrícolas.

O servizo prestarase na pista que vai ao campo de fútbol da localidade, en horario de 9.00 a 13.30 horas e de 14.15 a 18.00 horas os días 3 e 4, e o día 5 soamente en horario de mañá.

As persoas interesadas en pasar as revisións aos seus vehículos agrícolas na Pobra do Brollón poden solicitar xa cita previa chamando ao teléfono 902 309 000 ou na web www.sycitv.com.