A ITV agrícola estará en Bóveda a finais do mes de abril

RibeiraSacraXa
A unidade móbil da ITV fará as inspeccións técnicas os días 29 e 30 de abril no mercado gandeiro de Rubián. Xa se pode solicitar cita previa.
tractor
tractor
25 Mar 2021

O Concello de Bóveda vén de informar de que a unidade móbil da ITV agrícola se desprazará ao municipio a finais do vindeiro mes de abril. En concreto, o servizo prestarase os días 29 e 30 no mercado gandeiro de Rubián.

Alí, faranse as inspeccións técnicas dos vehículos agrícolas en horario de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas, o xoves 29, e só en horario de mañá o venres.

As persoas interesadas poden solicitar xa cita previa no teléfono 902 30 90 00 ou na páxina web www.sycitv.com.

0.17530202865601