A iniciativa para a construción dun novo campo de fútbol en Chantada foi aprobada

RibeiraSacraXa
A iniciativa do BNG foi aprobada por unanimidade de todos os grupos con representación na Cámara do Parlamento galego
campo-de-fútbol-Chantada
campo-de-fútbol-Chantada
4 Xul 2024

O BNG logra o acordo do Parlamento galego para a construción dun novo campo de fútbol en Chantada despois de que o deputado, Iago Suárez, argumentase a  imperiosa necesidade de ter outro campo ademais do municipal.

A iniciativa do BNG foi aprobada por unanimidade de todos os grupos con representación na Cámara, malia a que  o PP dubidase da súa urxencia. Suárez replicou que “quen coñece a realidade futbolística en Chantada sabe da imperiosa necesidade dun novo campo ademais do municipal do Sangoñedo, no que actualmente adestran e xogan dez equipos”. Asegurou que “esta é unha cuestión de consenso total na localidade” e que “non hai practicamente ninguén que se opoña a que se faga un novo campo”. É por iso que advertiu que “é o deber do Parlamento dar resposta a todo un concello que require que se actúe canto antes”.

O deputado nacionalista recriminoulle ao PP que “non é de proveito debater por debater e levar a contraria ao BNG por sistema” para incidir en que “esta é unha cuestión de necesidade total en Chantada” polo que lle reclamou o PP que “se dirixa á Xunta de Galiza canto antes e faga o seu traballo”.  Ademais indicou que “é incrible que desde o PP non se puxesen en contacto co Concello de Chantada, no cal gobernan, e que teña que ser o BNG quen faga o seu traballo desde a oposición”.

Finalmente, Suárez advertiu ao PP que “agora que se toma este acordo no Parlamento estaremos moi atentos para que se cumpra. Non permitiremos que este acordo caia nun caixón e que quede aí, a poboación de Chantada merece un trato mellor por parte da Xunta”, rematou.

0.15583491325378