A III edición do Trail A Capela da Pobra do Brollón xa ten data de celebración

RibeiraSacraXa
As persoas interesadas en participar desta iniciativa deportiva, poderán facelo en tres modalidades: trail, minitrail e andaina
Trail-A-Capela-2024
Trail-A-Capela-2024
7 Xul 2024

Xa hai data para a III edición do Trail A Capela da Pobra do Brollón, que se celebrará o vindeiro 7 de setembro, con saída e chegada na área secreativa de Samugueiros.

Desta maneira, as persoas participantes poderán formar parte dalgunha das tres modalidades: o Trail de 28 km e 1100+; o minitrail de 14 km e 450+ e a andaina de 9 km e 14 km e con pendente de 450+.

Desta maneira, a intención é que as persoas que percorran estas rutas poidan chegar ao punto máis alto do miradoiro Pena do Santo, xunto á Capela.

0.14874291419983