A furgoteca volve achegar a lectura aos máis cativos en Folgoso do Courel

RibeiraSacraXa
O servizo da furgoteca, a biblioteca móbil de Galicia, volve achegarse ao Concello de Folgoso do Courel.
Furgoteca Portada
2 Nov 2023

O servizo da furgoteca, a biblioteca móbil de Galicia, volve achegarse ao Concello de Folgoso do Courel. O vindeiro 4 de novembro estará en Seoane na Festa da Castaña dende as 11.00 horas.

A iniciativa estará dispoñible dende as 11.00 ata ás 13.00 horas e dende ás 16.00 ata as 18.00. Ademais todos os asistentes poderán gozar da actuación de Carmen Penim, que vén de presentar a súa última obra A fraga de Pasacorrrendo.

Pero esta non é o único itinerario do servizo no Concello. O vindeiro martes 21 a furgoteca regresa ao Courel para realizar un percorrido polos núcleos e aldeas e ofrecer un servizo personalizado porta a porta. De 11.00 a 11.20 estará en Mercurín, de 11.45 a 12.10 horas en Ferreirós de Arriba, de 12.30 a 13.30 en Folgosoe de 13.45 a 14.00 horas en Vilamaior.

Ademais, de 14.15 a 14.30 fará unha parada en Froixán, de 14.15 a 14.30 en A Campa e de 15.30 a 15.50 horas en Santa Eufemia. O servizo de bibliotecas móbiles da Xunta de Galicia continuará ata final de ano percorrendo o rural das provincias de Lugo e Ourense. Organízase de tal xeito que un dos días A furgoteca asentarase nos lugares de maior afluencia de público, onde se celebran feiras e mercados e hai centros de saúde, residencias, pavillóns de deportes ou centros socioculturais.

O segundo día a biblioteca móbil realizará un percorrido polas aldeas. Deste xeito, a iniciativa mantense en funcionamento nos concellos lucenses de Baleira, Cervantes, Folgoso do Courel, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Samos e Triacastela.

furgoteca_folgoso_do_courel
0.16334700584412