A Furgoteca estará en Folgoso do Courel este sábado e o vindeiro 14 de maio

RibeiraSacraXa
Folgoso do Courel acolle, unha vez máis, a visita do servizo de Bibliotecas Móbiles de Galicia, a Furgoteca, os vindeiros días 4 de maio, sábado, e 14 de maio, martes.
1 may 2024

Folgoso do Courel acolle, unha vez máis, a visita do servizo de Bibliotecas Móbiles de Galicia, a Furgoteca, os vindeiros días 4 de maio, sábado, e 14 de maio, martes.

Así, este sábado 4, o percorrido será curto, xa que estará de 11.00 a 13.30 horas en Seoane do Courel, na Feira do gando, e de 15.30 a 17.00 horas no mesmo lugar, onde ademais haberá poxa de xovencas de raza Rubia Galega organizada por Acruga.

Pola súa parte, o 14 de maio o percorrido estenderase polas diferentes parroquias, empezando por Santa Eufemia, de 11.00 a 11.20 horas, na Casa do Maior de Folgoso do Courel, de 11.30 a 12.00 horas, e de 12.10 a 13.30 horas estará na praza do Concello. Xa ás 13.50 horas estará en Froxán, ata as 14.10 horas, e de 14.20 a 14.50 horas estará na Campa, para logo, ás 15.10 horas ir ata Ferreirós de Arriba, ata as 15.25 horas e rematar, ás 15.45 horas en Mercurín.