A furgoneta de Galicia sabe a mar estará en Folgoso do Courel durante o día de hoxe

RibeiraSacraXa
Folgoso do Courel acolle unha furgoneta da iniciativa 'Galicia sabe a mar' da Xunta de Galicia desde as 12.
sabe a mar folgoso do courel
19 sep 2023

Folgoso do Courel acolle unha furgoneta da iniciativa 'Galicia sabe a mar' da Xunta de Galicia desde as 12.00 ás 15.00 horas na praza do Concello e en Seoane entre as 18.00 e as 21.00 horas xunto á oficina de Abanca.

'Galicia sabe a mar' é unha campaña da Xunta de Galicia que nace no verán de 2021 para animar á cidadanía a través da retranca galega e os dobres sentidos a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.

Este 2023 a iniciativa sóbese ás catro rodas a través de catro foodtrucks que levarán o sabor das rías galegas por máis de 250 municipios e, no caso concreto de Folgoso do Courel, os visitantes poderán degustar en dous puntos concretos algún dos 10 petiscos pensados para a campaña e realizados a base de produtos certificados do mar e da terra.

0.091681957244873