A Feira do Viño de Quiroga, protagonista dun concurso infantil de debuxo

RibeiraSacraXa
O Concello organiza o certame en lembranza da feira, que este ano non se celebra na data habitual. Vai dirixido a nenos de 3 a 12 anos
miniatura quiroga concurso debuxo feira viño
miniatura quiroga concurso debuxo feira viño
11 Mar 2021

O Concello de Quiroga vén de convocar o 'I Concurso de debuxo Feira do Viño de Quiroga', dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Os traballos, que tratarán sobre a tradicional feira de viños do municipio, deberán ter tamaño folio A4 e poden realizarse en calquera técnica plástica: lapis, tinta, acuarela, acrílico, óleo, collage, gravado ou mixto.

Os debuxos presentaranse na Casa da Cultura de Quiroga entre o vindeiro luns día 15 e o 31 de marzo. Entregaranse dentro dun sobre pechado no que se incluirán tamén os datos do autor ou autora.

O Concello establece tres categorías para o concurso, en función das idades.  Así, a Categoría A inclúe aos participantes de 3 a 5 anos, a Categoría B a participantes de 6 a 8 anos, e a categoría C aos participantes de 9 a 12 anos.

A entrega de premios farase o domingo 4 de abril, dentro dos actos programados en lembranza da Feira do Viño, que este ano non se celebra na súa data habitual por mor da situación sanitaria. Entregaranse tres premios por cada categoría.

Os debuxos que se presenten ao concurso quedarán a disposición do Concello de Quiroga para futuras exposicións.

quiroga concurso debuxo feira viño
0.18652081489563