A feira Artelemos recibirá axuda aconómica por parte da Xunta para a súa organización

RibeiraSacraXa
A feira Artelemos recibirá axuda aconómica por parte da Xunta para a súa organización
Artelemos
Artelemos
28 ene 2023

A Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta concedeu axudas para o fomento da comercialización no sector artesanal por un importe de preto de 164.000€.

Entre os beneficiarios atópase o Concello de Monforte, ademais de 59 obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, a Asociación de Artesáns de Ourense e os concellos de Tui e Camariñas.

Grazas a esta liña de axudas, apóiase os obradoiros artesanais para a asistencia a feiras tanto profesionais como de venda directa, coma no caso da Feira Artelemos, que contará cunha parte da partida para poder cubrir os gastos da súa organización.