A fase galega da XV Olimpíada de Xeoloxía celébrase no Xeoparque Montañas do Courel

RibeiraSacraXa
O Xeoparque Montañas do Courel foi elixido pola Asociación Española de Ensinanzas de Ciencias da Terra (AEPECT) como unha das sedes da fase galega da XV Olimpíada de Xeoloxía por segundo ano consecutivo, xunto con Santiago, Vigo e Cabo Ortegal.
7 feb 2024

Así, durante a xornada, un total de 55 alumnos acompañados de profesores de 7 centros participarán nas probas que se desenvolveran nas Montañas do Courel e que consistirán nunha proba teórica tipo test con 40 preguntas e unha proba práctica por equipos a través dunha xincana con 12 probas que se desenvolveran polas rúas de Quiroga.

As dúas mellores puntuacións de entre os participantes asistirán a fase final nacional da Olimpiada de Xeoloxía, que este 2024 se celebra o 13 de Abril en Zamora. Tamén se concederá un accesit ao mellor alumno de 4º da ESO e ao mellor grupo.

Tamén, os participantes tamén terán a oportunidade de coñecer dous centros da rede de centros de interpretación do Xeoparque: O Museo Xeolóxico en Quiroga e o Centro de Interpretación da Minaría Aurífera Romana en Ribas de Sil, onde tamén coñeceran a técnica do bateo do ouro.

Ademais de todo isto, os días 8 e 13 de xullo o Xeoparque Montañas do Courel acollerá o simposio nacional da AEPECT.