A estrada LU-P-5303 conta cun acceso provisional no Concello de Ribas de Sil mentres non rematan as obras

RibeiraSacraXa
O Concello de Ribas de Sil vén de informar de que o tráfico da estrada LU-P-5303, á altura do concello de Ribas de Sil, quedou restablecido cun acceso provisional mentres non rematan as obras que está a efectuar a Deputación de Lugo.
obras chuvias Ribas de Sil
obras chuvias Ribas de Sil
8 dic 2023

O Concello de Ribas de Sil vén de informar de que o tráfico da estrada LU-P-5303, á altura do concello de Ribas de Sil, quedou restablecido cun acceso provisional mentres non rematan as obras que está a efectuar a Deputación de Lugo.

Estas obras comezaron o pasado 27 de novembro cando se produciron uns danos provocados polas intensas choivas de principios do mes de novembro, no que o punto quilométrico 5,200 sufriu un afundimento.

A institución provincial requeriu dun investimento de 85.000 euros e as obras aínda teñen un prazo de execución previsto de dous meses, xa que consisten na restitución do sostemento da estrada como consecuencia do colapso do muro e a pavimentación con aglomerado en quente do firme da zona afectada.