A Estación Científica do Courel acollerá en maio un curso de micoloxía

RibeiraSacraXa
A Estación Científica do Courel acollerá en maio un curso de micoloxía impartido por Iván Pérez, de ciencias ambientais
setas cogomelos micoloxia
setas cogomelos micoloxia
24 Abr 2023

Os vindeiros 5, 6 e 7 de maio terá lugar un curso de micoloxía impartido por Iván Pérez Berjano, presidente da Mancomunidade de Montes de Pontevedra, na Estación Científica do Courel.

As persoas interesadas en participar del terán ata o 28 de abril para apuntarse a esta actividade na que só caben 20 persoas e que inclúe unha práctica de cultivo con materiais para levar.

Así, o venres 5 de maio de 16.00 a 20.00 horas, o sábado de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas; e o domingo no mesmo horario, impartiranse coñecementos de micoloxía, econoloxía dos montes e fungos, de cultivo de fungos saprófitos e microrrícicos e sobre a micoloxía como dinamizadora do territorio.

Curso de Micoloxía Folgoso do Courel
0.18076086044312