A Escola Municipal de Música Tradicional de Monforte celebra este venres o festival de fin de curso

A Escola Municipal de Música Tradicional do Concello de Monforte celebrará este venres, 19 de xuño, o seu Festival de Fin de Curso, coñecido como ‘Festrad’, que terá lugar no auditorio do Edificio Multiusos ás 20.30 horas.
No evento participará alumnado das especialidades de Gaita, Percusión Tradicional Galega e Canto e Pandeireta, que ofrecerá un repertorio baseado en ritmos tradicionais e pezas populares galegas.
O programa inclúe interpretacións de obras como Xota de Caroi, Pasodobre da Pastoriza, Mazo te mazo, Baitucada, Xota da Gaiosa, Non bailes o agarrado, Rumba do Canizo, Xota do Bazal, Muiñeira das Cortellas, Xota dos Mariñeiros, Muiñeira da Camposa, Pasodobre do Mallou e Rumba dos Tranquilos.
O festival concluirá cunha actuación conxunta do alumnado de canto, gaita e percusión coa interpretación da Foliada de Asén e da Muiñeira das Ferreñas.
Desde o Concello de Monforte indícase que o ‘Festrad’ está aberto ao público xeral, polo que se convida ás familias, veciñanza e persoas interesadas a asistir a este evento musical de fin de curso.