A Escola de Música Samoeiro da Pobra do Brollón aferta gran variedade de actividades
Comeza o novo curso 2024-25 da Escola municipal de Música 'Samoeiro' da Pobra do Brollón, que oferta diversas actividades durante os meses de outubro a xuño.
Desta maneira, haberá pandeireta e canto os luns de 20.00 a 21.00 horas; baile tradicional, os luns de 21.00 a 22.00 horas; de percusión, os xoves de 16.00 a 17.00 horas para os peques, de 17.00 a 18.00 horas para adolescentes, e de 19.00 a 20.00 horas para adultos; tamén de gaita os xoves de 18.00 a 19.00 horas para adolescentes, de 20.00 a 21.00 horas para un grupo de adultos e de 21.00 a 22.00 horas para o outro grupo; e tamén haberá clases de coral os mércores e sábados de 18.00 a 20.00 horas.
Aínda quedan prazas libres en todas as materias así que todas as persoas interesadas en matricularse aínda poden facelo a través da Sede Electrónica ou presencialmente na Biblioteca municipal.