A Deputación de Ourense leva a Xunqueira de Espadanedo unha xornada infantil con xogos, inchables e festa da escuma

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A actividade celebrarase o 28 de agosto no campo de fútbol, de 11.00 a 14.00 horas, con propostas de lecer para os máis pequenos
xornada-infantil-xiunqueira-espadanedo
18 Aug 2026

Xunqueira de Espadanedo celebrará o vindeiro 28 de agosto unha xornada infantil pensada para que os máis pequenos desfruten dunha mañá repleta de actividades e diversión.

A programación desenvolverase no campo de fútbol entre as 11.00 e as 14.00 horas e incluirá diferentes propostas de lecer, entre elas polvos Holy, unha festa da escuma, xincanas inchables e xogos desenchufables.

A iniciativa permitirá aos nenos e nenas participar en actividades ao aire libre e desfrutar dunha xornada especialmente deseñada para eles.

0.12185096740723