A Deputación de Lugo inicia os traballos da estrada provincial LU-P-4202 en Paradela

SarriaXa | RibeiraSacraXa
Trátase dunha actuación importante, porque ese tramo da estrada provincial á altura do lugar de Toexe dá servizo a diferentes rutas de sendeirismo
LU-P-4202-Paradela-O-Saviñao
LU-P-4202-Paradela-O-Saviñao
10 Xul 2024

A Deputación de Lugo vén de iniciar en Paradela os traballos da estrada provincial LU-P-4202, que é a que conecta Pacios e Currelos, no Saviñao, por Aldosende.

Unhas obras nas que a institución provincial inviste preto de 80.000 euros e que afectan ao tramo que vai desde o punto quilométrico 3,250 e o 5,000.

Concretamente, os traballos consistirán na mellora da drenaxe mediante a reapertura das cunetas, a súa limpeza e pavimentación nos puntos nos que sexa preciso; renovación do firme con aglomerado en quente, e renovación da sinalización mediante o pintado da vía con marcas reflexivas brancas e reposición da sinalización vertical.

O prazo de execución destes traballos é de dous meses, pero a adxudicataria, FEVISA Vías y Obras SL, comprometeuse a telos rematadas en mes e medio desde o seu inicio.

Trátase dunha actuación importante, porque ese tramo da estrada provincial á altura do lugar de Toexe dá servizo a diferentes rutas de sendeirismo, ao mosteiro de San Facundo de Ribas de Miño e ao antigo embarcadoiro. Permite, ademais, o acceso da veciñanza ás viñas da Ribeira Sacra.

Nos últimos anos, a Deputación xa investiu medio millón de euros para a mellora e renovación do pavimento de 12 quilómetros de estradas que unen Paradela e Currelos, no Saviñao. Esta mesma, onde se actuou noutros tres tramos, do inicio ata preto do quilómetro 3 e do 17 ata o 25,410, o final da vía- a LU-P-4201 (noutros tres treitos); a LU-P-4205; e a LU-P-5818.

0.18868207931519