A Deputación de Lugo entregou os premios aos mellores expositores na Festa do Caldo dos Ósos de Taboada

RibeiraSacraXa
Maite Ferreiron, en representación da Deputación, entregou os premios aos mellores expositores na Feira do Caldo dos Ósos de Taboada
Maite Ferreiro na Festa do Caldo dos Osos
Maite Ferreiro na Festa do Caldo dos Osos
20 Feb 2023

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, participou este domingo na Festa do Caldo de Ósos de Taboada, que enxalza este prato típico das matanzas na zona.

O zanfonista Francisco Xabier Almuíña foi o pregoeiro desta edición, na que, ademais de degustar a receita tradicional nos establecementos hosteleiros, as persoas asistentes puideron mercar produtos da zona e de tempada nos postos instalados na carpa da praza de Riazón e seguir unha demostración de cociña en vivo a cargo do cociñeiro Álvaro Villasante.

Supermercado Vilosa, Galletas Xiana e Panadería Darío foron premiados pola decoración dos expositores.

0.19206094741821