A Deputación de Lugo achega 20.000 euros para o XXII Simposio sobre Ensinanza da Xeoloxía

RibeiraSacraXa
O evento reuniu este ano en Quiroga a 175 profesores de toda España, “poñendo en valor e dando visibilidade a este importante espazo natural
Deputación-de-Lugo
Pazo Provincial da Deputación de Lugo
29 Nov 2024

A Deputación de Lugo achegará un total de 20.000 euros á Asociación para a Promoción Territorial Montañas do Courel para o XXII Simposio sobre Ensinanza da Xeoloxía, celebrado este verán no Xeoparque.

O evento reuniu  este ano en Quiroga a 175 profesores de toda España, “poñendo en valor e dando visibilidade a este importante espazo natural”.

Así o informou este xoves o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, que tamén informou de que o goberno provincial aprobou o proxecto para acondicionar un novo tramo da estrada LU-P-1301, que conecta Seoane do Courel e Pedrafita do Cebreiro, para o que invertiranse preto de 400.000 euros.

0.15888810157776