A Deputación aproba axudas directas a granxas que críen razas autóctonas

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A convocatoria publicarase o vindeiro 20 de maio no Boletín Oficial da Provincia
cria-razas-autoctonas
25 Apr 2026

A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo reforza este ano o seu apoio ás ganderías de razas autóctonas galegas con axudas directas. A Xunta de Goberno provincial aprobou esta mañá as bases de dúas liñas de subvencións dirixidas a fomentar a cría de animais destas razas cun orzamento conxunto de 400.000 euros.

Este marco de apoio ao sector inclúe a reedición da convocatoria Marela, centrada na promoción e potenciación das reprodutoras de Raza Rubia Galega, e a creación dunha nova liña de subvencións, o programa Morenas, dirixido á preservación das razas bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa e das razas Ovella e Cabra Galega, consideradas en risco de erosión xenética.

O programa de apoio ás ganderías de Raza Rubia Galega reedítase, con axudas de 400 euros por xatas de menos de 36 meses que tivesen o seu primeiro parto na granxa en 2025. A convocatoria publicarase o vindeiro xoves -30 de abril – no Boletín Oficial da Provincia.

A liña Morenas contempla axudas a femias nacidas nas granxas en 2025, de 70 euros no caso de crías de Cabra e Ovella Galega e de 400 euros no caso de xatas de Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa. A convocatoria publicarase o vindeiro 20 de maio no Boletín Oficial da Provincia.

0.09721302986145