A Deputación achegará 20.000 euros para reforzar os traballos de limpeza de camiños rurais da Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
A Deputación achegará 20.000 euros para reforzar os traballos de limpeza de camiños rurais da Pobra do Brollón
Limpeza A Pobra
Limpeza A Pobra
3 feb 2023

Medio Rural da Deputación de Lugo colabora co Concello da Pobra do Brollón no reforzo dos traballos de limpeza e mantemento de camiños rurais.

En total, a institución provincial achegará 20.000 euros para esta iniciativa municipal, que se suman a outros investimentos realizados neste mesmo ámbito como a adquisición de maquinaria e instrumental para labores de limpeza e mantemento.

O apoio da institución provincial permitirá axilizar as tarefas de desbroce da rede viaria de titularidade municipal ao longo das 22 parroquias; un labor fundamental para a seguridade e accesibilidade das pistas, que incide tamén na prevención de incendios.

A deputada de Medio Rural Mónica Freire sinalou que "os traballos de mantemento e limpeza das vías municipais periódicos supoñen un gran esforzo orzamentario e de persoal para os concellos, polo que desde a área de Medio Rural tratamos de apoiar con diferentes fórmulas de colaboración, xa que somos conscientes da importancia que esta rede de infraestruturas ten para a vertebración do territorio e tamén para o desenvolvemento agrario e forestal".