A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, participará nunha conferencia no Círculo Saviñao

O Círculo Saviñao acollerá este venres 22 de maio unha conferencia a cargo da conselleira do Medio Rural da Xunta de Galicia, María José Gómez.
O encontro celebrarase ás 20:00 horas e levará por título “Entre a tradición e a innovación, retos do mercado”, unha intervención na que se abordarán cuestións relacionadas co sector primario e os desafíos actuais do mercado.