A compañía Teatro do Noroeste representará a súa obra en Monforte

RibeiraSacraXa
O 'Último verán en Santa Cristina' será representada este xoves dentro do Ciclo da Rede de Teatros e Auditorios da Xunta
'Último-verán-en-Santa-Cristina',-da-compañía-Teatro-do-Noroeste
1 Out 2024

O teatro volverá ser protagonista da actividade cultural deseñada polo Concello de Monforte no segundo semestre do ano 2023, unha vez rematado o programa do Verán Cultural, e co inicio do outono.

Deste xeito, dentro do Ciclo da Rede de Teatros e Auditorios da Xunta, este xoves 3 de outubro ás 20.15 horas no Edificio Multiusos terá lugar a posta en escena da obra para adultos 'Último verán en Santa Cristina', da compañía Teatro do Noroeste, obra escrita, dirixida e adaptada por Eduardo Alonso, e interpretada por Xavier Estévez, Maxo Barjas, Miguel Pernas, Luma Gómez e Manuela Varela. É unha obra dirixida a público adulto, cun prezo de 5 euros a entrada xeral e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.

A seguinte obra do ciclo de teatro programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte, esta vez dirixida a público infantil e familiar, será Kyoki da compañía Elefante Elegante, que terá lugar o domingo 13 de outubro no Edificio Multiusos ás 18.00 horas, sendo o prezo da entrada xeral de 5 euros e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.

0.11540412902832