A Cohors III Lucensium instalará un campamento para participar na vendimia de Doade
RibeiraSacraXa
A unidade de exército romano da Cohors III Lucensium instalará nos próximos días 25 e 26 de setembro un campamento romano en Doade.
21 sep 2021
A unidade de exército romano da Cohors III Lucensium instalará nos próximos días 25 e 26 de setembro un campamento romano durante a vendimia na ribeira de Doade.
Desta maneira, os lexionarios da Cohors axudarán na recollida da uva nos viñedos da bodega Ribeira Sacra Regina Viarum. Con isto, buscan rememorar a chegada das lexións á Gallaecia quenes trouxeron e plantaron a cepa da vide dende Mesopotamia.
Esta non é a primeira vez que a Cohors visita Doade, xa que xa o fixo en anteriores ocasións, dende a celebración da primeira festa romana festexada no 2021.