A CIG convoca unha manifestación en Monforte este venres polo Día Internacional da Clase Traballadora

RibeiraSacraXa
O acto terá lugar ás 12:00 horas na Praza de España
cig-monforte
29 Apr 2026

A Confederación Intersindical Galega (CIG) vén de facer un chamamento á clase traballadora de Monforte de Lemos e da súa comarca para participar na concentración convocada con motivo do primeiro de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora. O acto terá lugar ás 12:00 horas na Praza de España.

O sindicato subliña a importancia de saír ás rúas nun contexto que considera marcado por políticas regresivas, recortes de dereitos e dinámicas que contribúen á precarización das condicións laborais e sociais. Neste sentido, a CIG alerta tamén do avance de actitudes autoritarias que afectan directamente á vida da maioría social.

A central sindical anima á participación activa nesta xornada reivindicativa, co obxectivo de expresar o rexeitamento ás medidas que, ao seu xuízo, deterioran o emprego, limitan a capacidade de acción sindical e poñen en risco conquistas históricas do movemento obreiro.

Baixo a idea de defender os dereitos, as liberdades e un futuro digno para Galiza, a organización sindical insiste en que a resposta pasa pola mobilización e a loita colectiva como ferramentas para frear a situación actual e avanzar cara a unha sociedade máis xusta.

Deste xeito, a CIG convida tanto á veciñanza como ao conxunto da clase traballadora da comarca a sumarse á convocatoria e converter o 1º de Maio nunha xornada de protesta e reivindicación.

0.14016103744507