A Cabeza Grande acolleu o Mini DH Manzaneda 2026 con protagonismo para as novas promesas do ciclismo de montaña

RibeiraSacraXa
Os concelleiros de Deportes e Cultura da Pobra de Trives participaron na entrega de premios e destacaron o apoio municipal ao deporte base
campionato-dh-manzaneda
4 Aug 2026

A Cabeza Grande, no Concello da Pobra de Trives, acolleu a celebración do Mini DH Manzaneda 2026, unha competición dedicada ás novas promesas do descenso e do ciclismo de montaña.

Os concelleiros de Deportes e Cultura asistiron á entrega de premios en representación do Concello, nun acto no que se recoñeceu o esforzo, a deportividade e o talento das mozas e mozos participantes.

O Concello felicitou á organización, ás familias e a todas as persoas que formaron parte desta xornada deportiva, salientando a implicación dos participantes nunha cita que reuniu ás futuras promesas desta modalidade.

Desde o Concello da Pobra de Trives reafirmaron o seu compromiso co apoio a iniciativas que promovan o deporte base e contribúan á promoción do territorio a través da celebración de eventos deportivos.

0.12565398216248