A Biblioteca Pública do Saviñao organiza un obradoiro para confeccionar bolsos

RibeiraSacraXa
A actividade celebrarase o 28 de xullo e require inscrición previa, con prazas limitadas e todos os materiais incluídos
taller-bolsos-carita-o-saviñao
22 Jul 2026

A Biblioteca Pública Municipal do Saviñao acollerá o vindeiro 28 de xullo un obradoiro de confección de bolsos "carita", unha actividade dirixida ao público adulto.

O taller comezará ás 12.00 horas e terá unha duración aproximada de dúas horas. As prazas son limitadas e será necesario contar cun mínimo de oito persoas inscritas para a súa realización.

O prazo para anotarse permanecerá aberto ata o 23 de xullo. As persoas interesadas poden formalizar a inscrición ou solicitar máis información directamente na Biblioteca Pública Municipal do Saviñao ou chamando ao teléfono 982 452 324.

A actividade ten un prezo de 25 euros por persoa, importe que inclúe todo o material necesario para elaborar o bolso infantil durante o obradoiro.

0.12294006347656