A Batalla 13 Roeis terá lugar o 3 de xullo e os grupos musicais interesados en participar xa poden inscribirse

RibeiraSacraXa
A Batalla 13 Roeis terá lugar o 3 de xullo e os grupos musicais interesados en participar xa poden inscribirse
Trece Roeis Fest
Trece Roeis Fest
3 Maio 2023

A Asociación Cultural os Trece Roeis de Pantón organizan a Batalla 13 Roeis, que terá lugar o vindeiro 3 de xullo, pero á que as persoas interesadas poderán apuntarse só ata o 7 de maio, este domingo.

Esta batalla ten como fin promover, impulsar e difundir a música independente galegae en galego de calquera estilo, onde destaque a orixinalidade, innovación e fusión dos temas.

A orde de actuación elixirase mediante sorteo, o cal se celebrará previamente. Dito sorteo e a orde de actuación colgarase nas redes sociais. A organización porase en contacto con anterioridade coas formacións para confirmar asistencia e disponibilidade horaria e os grupos terán 30 minutos para actuar a partir das 19.30 horas.

Despois desta batalla, os organizadores darán a coñecer os gañadores e as salas onde poderán tocar. Así, a banda gañadora actuará no Trece Roeis Fest 2024 nas salas: Club Clavicémbalo en Lugo; Café Cultural Auriense en Ourense e La Fábrica de Chocolate Club en Vigo. Ademais, contarán cunha gravación de videoclip en exteriores.

Batalla Trece Roeis
0.20307993888855