A bandeira do arco da vella ondea na Casa do Concello de Monforte en representación do Día do Orgullo

RibeiraSacraXa
A bandeira do arco da vella xa ondea na Casa do Concello de Monforte en representación do Día do Orgullo LGTBI+
Concello de Monforte LGTB
Concello de Monforte LGTB
28 jun 2023

O Concello de Monforte celebra o Día Internacional dos dereitos das persoas LGTBIQ+ este 28 de xuño, no que se conmemoran os feitos acaecidos na noite do 28 de xuño de 1969 no pub de Stonewall situado nun barrio de Nova York e que deron orixe ao movemento internacional polo recoñecemento dos dereitos deste colectivo.

Deste xeito, procedeuse a colocar no balcón da Casa Consistorial a bandeira do arco da vella, símbolo popularizado en 1978, da comunidade LGTBIQ+ para conmemorar o Día do Orgullo LGTBIQ+, e manterase ao longo de toda esta semana, tal e como se veu facendo todos estes anos en que se conmemorou dende o Concello.

A través desta iniciativa, o alcalde, José Tomé Roca, manifesta “o noso apoio institucional e social a esta celebración do Día do Orgullo LGTBIQ+, co obxectivo de facer visible á nosa sociedade a diversidade sexual, á vez que promovemos a igualdade, liberdade, a tolerancia e o respecto de todas as persoas”.

Ademais, esta bandeira “visibiliza o seu compromiso para continuar impulsando unha sociedade diversa e inclusiva dende o punto de vista afectivo, sexual e de xénero, capaz de erradicar o odio as discriminacións e para seguir traballando por un mundo de absoluta tolerancia, liberdade e igualdade”, sentenciou o rexedor monfortino.