A Banda de Música de Chantada presentou o programa para conmemorar o seu 160 aniversario

A Banda de Música de Chantada conmemora este 2025 o seu 160 aniversario cun extenso programa que incluirá concertos entre abril e maio. Para celebrar o seu aniversario, preparan unha serie de actividades especiais que irán avanzando ao longo dos vindeiros meses e que se sumarían ás xa programadas.
Así, en abril terá lugar o Oratorio de Música Sacra “A paixón según San Marcos", seguido do concerto do socio, “Caribe Sinfónico”. En agosto terán lugar as Noites á Luz da lúa e o XXXIV Festival de Bandas de Música de Chantada, mentres que en outubro será a quenda do XI Outono Musical. En novembro, con motivo de Santa Icía, a banda dará un concerto polos seu aniversario, titulado "160 anos de música".