A Asociación Veciñal do Saviñao solicita a retirada de antenas de telefonía móbil

RibeiraSacraXa
A Asociación Veciñal do concello do Saviñao solicita a retirada das antenas de telefonía móbil pegadas ás vivendas do barrio de Mondavide
antena telefonia portada
antena telefonia portada
12 sep 2022

A Asociación Veciñal do Saviñao, vén de solicitar a retirada das antenas de telefonía pegadas ás vivendas do barrio de Mondavide.

A súa Presidenta Celia Ferreiro Riazor manifesta o seu descontento “pola ausencia de resposta por parte da alcaldía á recente solicitude feita polos veciños do barrio de Mondavide, en Escairón, para a retirada das antenas de telefonía móbil próximas ás casas e que xa motivaron unha denuncia á Valedora do Pobo”, afirma.

“A asociación veciñal diríxese á alcaldía para reiterarlle esta petición xa que dita instalación é considerada polo vecindario como lesiva e perigosa para a saúde”, sinala Ferreiro.

“Esta desconfianza veciñal ven motivada pola gran cantidade de casos de cancro que se deron en varias familias do barrio. Pode que se trate dun azar ou ben que os campos electromagnéticos teñan algo que ver, este dilema non vai ter unha resposta cintífico-pericial inmediata, nin unha certeza, pero este rexeite ás instalación xa ten un longo percorrido” destaca a presidenta da asociación.

“No ano 2004, coincidindo co desmatelamento doutra antena en Santalla, xa fora solicitada a retirada da de Mondavide adxuntando unhas 150 firmas e obtendo daquela o compromiso da alcaldía da súa retirada, pero nunca chegou a executarse. Posteriormente no ano 2011 esta asociación veciñal reitera esta petición de retirada, coincidindo coa inmediatez da caducidade do contrato de arrendamento. Outra negativa por resposta e a día de hoxe as antenas continúan sendo unha ameaza percibida polos veciños de Mondavide”, manifesta Celia Ferreiro.

Por todo isto a asociación veciñal solicita da alcaldía: información acerca da data de caducidade do contrato de dita instalación, información da cantidade percibida polo concello polo arrendamento de dito servizo e a retirada inmediata das instalacións por ser considerada polos veciños unha ameaza para a súa saúde.

antena telefonia
0.14514994621277