A Asociación veciñal do Saviñao reclama o amaño de dúas estradas no concello

RibeiraSacraXa
Dende a Asociación veciñal do Saviñao instan á Deputación de Lugo a realizar traballos de rebacheo en dúas estradas do Saviñao.
aglomerado obras estradas 2
aglomerado obras estradas 2
11 Out 2021

Dende a Asociación veciñal do Saviñao instan á Delegación de Vías e Obras Públicas da Área de Xestión Territorial da Deputación de Lugo a realizar traballos de rebacheo de mantemento en dúas estradas da rede viaria da Deputación no territorio do Saviñao.

"O estado de conservación das estradas do concello é lamentable ó longo de todo o territorio municipal. As distintas administración presumen nos medios de comunicación cando arranxan unha estrada da súa titularidade, pero as actuacións son puntuais e escasas, deixando a maigrande parte das vías de comunicación case inservibles e ocasionado averías nos vehículos dos veciños que a diario transitan por elas", defenden.

Así pois, dende a asociación informan que na derradeira reunión da xunta directiva propúxose solicitar un arranxo de emerxencia en dúas de titularidade da Deputación Provincial, recoñecendo que hai outras moitas que tamén o precisan.

As estradas que notifican do seu "lamentable estado" son as estradas 4112 Rendal ( Fión, O Saviñao ) – O Reguengo ( Pantón ) e a 5811 Torno – O Gorgozo. De feito, consideran que nas tres existen un gran número de fochancas e, na estrada 5811 engádese que se trata "dunha situación de emerxencia, xa que afecta á comunicación coa zona norte do concello. A zona que precisa atención é un tramo entre o inicio desta estrada 5811 no lugar de Torno e o lugar de Santa Cruz da parroquia de Vilelos".

A asociación veciñal trasmite as queixas veciñais e reclama unha intervención inmediata de rebacheo para facilitar o tránsito e a comunicación. "Deberíase executar o afianzamento da base da calzada e a reposición da capa asfáltica xa que todos os anos vemos como se abren fondas fochancas no mesmo tramo".

0.16618585586548