A Asociación Veciñal de Salcedo prepárase para acoller as súas funcións de Entroido

RibeiraSacraXa
A Asociación Veciñal de Salcedo prepárase para acoller as súas funcións de Entroido que terán lugar o 18 e 19 de febreiro
Asociacion vecinal Salcedo
Asociacion vecinal Salcedo
13 Feb 2023

A Asociación Veciñal de Salcedo, da parroquia de Salcedo da Pobra do Brollón, xa ten á venda as entradas para as funcións de teatro do Entroido de Salcedo.

Quen queira asistir poderá facerse con elas ata o vindeiro 17 de febreiro, xa que as actuacións terán lugar o sábado 18 e o domingo 19 ás 22.00 horas.

As funcións de teatro serán representadas polos socios desta asociación e da de veciños de Cereixa e serán de pequenos adolescentes e de maiores, como 'Un macho moi dócil', 'A despedida de solteira', 'Tal palo y las astillas' ou 'Viento en popa'.

0.14271879196167