A Asociación Galega de Viticultura denuncia que a Xunta está esperando ao remate da campaña para publicar a Orde

RibeiraSacraXa
Desde a Asociación denuncian que a falta de planificación e previsión da Xunta de Galicia "está a conseguir o abandono da actividade da viticultura na Ribeira Sacra"
uvas-vendima
25 sep 2024

A Asociación Galega de Viticultura denuncia a situación da viticultura na Denominación de Orixe Ribeira Sacra, que "é límite. A crise de consumo dos viños tintos fai que as adegas teñan un nivel de excedentes de viño que compromete o presente e as futuras colleitas. As persoas colleiteiras estanse vendo desamparadas ante unhas adegas que ameazan con non recoller as uvas, e ante unha Consellería de Medio Rural que anuncia medidas, pero que non fai realidade en tempo e forma", denuncian.

A consecuencia disto será, sosteñen, "que moitas persoas que dedican os seus esforzos á viticultura, deixen de facelo, causando o abandono dunhas viñas e dunha paisaxe que no 2026 será avaliada para ser Patrimonio da Humanidade pola UNESCO".

Por isto, di que a culpable é a Xunta de Galicia, "cunha nula capacidade de reacción e de xestión" e refírense ás medidas para atallar o problema mediante unha Orde de axudas que se faría pública no DOG que aínda non foi publicada, nun momento no que a campaña da vendima deste ano está a rematar. "Unha vez máis, a Xunta de Galicia chega tarde".

Por todo isto, a Asociación Galega de Viticultura denuncia que Xunta de Galicia "está esperando ao final da campaña da vendima para publicar a Orde, e non establecer, deste xeito, a obriga de recoller a uva para acceder ás axudas para a destilación de crise. A falta de planificación e previsión da Xunta de Galicia está a conseguir o abandono da actividade da viticultura na Ribeira Sacra".

0.14263701438904