A Asociación de veciños de Tuiriz, de Pantón, organiza unha excursión a Padrón polo Día das Letras Galegas

RibeiraSacraXa
A Asociación de veciños de Tuiriz, de Pantón, organiza unha excursión a Padrón polo Día das Letras Galegas
Veciños Tuiriz Panton
Veciños Tuiriz Panton
16 may 2023

A Asociación de Veciños de Tuiriz organiza para o Día das Letras Galegas, 17 de maio, unha excursión a Padrón na que os asistentes coñecerán mellor a vida de Rosalía de Castro, nada neste concello.

Durante a viaxe, que comezará ás 08.45 horas no local social da asociación, visitarán a Casa Museo Rosalía de Castro dedicada á lembranza da escritora, o casco histórico cunha visita teatral co grupo Os Quinquilláns e o xardín botánico artístico de Padrón, que contén 200 especies e árbores de Galicia; así como o convento Francisco de San Antonio de Herbón.

Ademais do desprazamento e as distintas visitas, as persoas participantes desfrutarán dunha comida que inclúe caldo e tenreira asada e tamén inclúe un menú infantil para os máis pequenos.