A Asociación Cultural Fonte do Milagro do Courel organiza unha xornada en Froxán o 20 de maio
RibeiraSacraXa
A Asociación Cultural Fonte do Milagro do Courel organiza unha xornada en Froxán o 20 de maio con diversas actividades
![Asociación Fonte do Milagro ACtividade](https://ribeirasacraxa.com/wp-content/uploads/2023/05/Asociacion-Fonte-do-Milagro-ACtividade.jpg)
Asociación Fonte do Milagro ACtividade
6 Maio 2023
O vindeiro 20 de maio, a Asociación Cultural Fonte do Milagro do Courel organiza unha xornada en Froxán desde as 11.00 horas.
Durante este día, as persoas que se acheguen a esta parroquia poderán desfrutar de rutas, música da terra, polvo e churrasco, así como de sidra.
Xurxo Souto será o encargado de ser o mestre da ceremonia e o grupo Os seis de Airavedra actuarán pola tarde para amenizar o día.
Por último, “para gastar algo de enerxía”, os que estean dispostos percorrerán a Serra de Aire, haberá un xogo da chave e da rá e alguha sorpresa máis.
![Actividade Courel](https://ribeirasacraxa.com/wp-content/uploads/thumbs/2023/05/Actividade-Courel-200x282.jpg)