A alerta por calor para o luns será laranxa no interior de Pontevedra e amarilla na montaña de Ourense

GaliciaXa | RibeiraSacraXa | OurenseXa
O mapa da Dirección Xeral de Saúde Pública, as recomendacións e o Plan de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, están dispoñibles na web do Sergas
mapa-alertas-calor-27-xullo
26 Jul 2026

Segundo os datos remitidos por MeteoSalud e MeteoGalicia, e no ámbito do Plan de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas, actualízanse, para mañá luns, día 27, os niveis de alerta por episodio de calor segundo o indicado a continuación:

Zona do interior de Pontevedra: nivel 2, laranxa.

Zona de montaña de Ourense: nivel 1, amarelo.

O mapa da Dirección Xeral de Saúde Pública, as recomendacións e o Plan de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, están dispoñibles nesta ligazón.

Interior de Pontevedra: Agolada, O Campo Lameiro, A Caniza, Cerdedo Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Moraña, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces.

Montaña de Ourense: O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Esgos, A Gudiña, Maceda, Manzaneda, A Mezquita, Montederramo, Parada de Sil, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, Riós, A Teixeira, A Veiga, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Xunqueira de Espadanedo.

0.12605500221252