800 ximnastas de toda Galicia citáronse en Monforte no XVII Torneo Val de Lemos de Ximnasia Rítmica

RibeiraSacraXa
A competición, organizada polo Club Quicela coa colaboración do Concello de Monforte, contou coa participación de 23 clubs das catro provincias galegas
trofeo-ximnasia-itmica-monforte
11 May 2026

Monforte de Lemos acolleu este sábado a celebración do XVII Torneo Val de Lemos de Ximnasia Rítmica, unha cita que reuniu arredor de 800 ximnastas chegadas de distintos puntos de Galicia no pavillón municipal de A Pinguela.

A competición, organizada polo Club Quicela coa colaboración do Concello de Monforte, contou coa participación de 23 clubs das catro provincias galegas.

Durante a sesión matinal competiron os equipos de Nivel B e Prebase, ademais das ximnastas individuais das categorías de Promoción e Base. Xa pola tarde foi a quenda dos conxuntos Escolares e de Promoción.

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, asistiu ao torneo acompañado polo concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, e participou na entrega de medallas ás participantes.

0.10593605041504