O Círculo Saviñao acolle a mostra 'Mis abstractos'

RibeiraSacraXa
Esta exposición, que recompila traballos do doutor lucense Xesús Vázquez, poderá verse en Escairón ata principios do mes de abril
círculo saviñao exposición xesus vazquez
6 Mar 2021

O Círculo Saviñao, de Escairón, acolle a exposición 'Mis abstractos' do doutor lucense Xesús Vázquez. A mostra, que fora inaugurada antes do último peche da hostalería decretado en Galicia, poderá verse neste espazo ata principios do vindeiro mes de abril.

Xesús Vázquez é médico de profesión pero sempre lle dedicou tempo á súa vocación artística, de xeito especial desde o ano 2007. Desde entón presentou varias veces no Círculo Saviñao a mostra 'Catro médicos pola Ribeira Sacra', e agora chega con 'Mis abstractos'.

A súa obra leva percorrido diversas salas de España, Portugal, Francia e Italia. O pasado ano, Xesús Vázquez participou na XXXIX Mostra internacional e Multidisciplinar de Arte Contemporáneo de Barcelona, e vén de participar nunha exposición colectiva no Museo del Tequila de Jalisco, en México.

0.14685106277466