Sober acolle diferentes actividades na súa Biblioteca Municipal co gallo do Día do Libro

RibeiraSacraXa

Para conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil e o Día do Libro, dende a Bliblioteca Municipal de Sober levaranse a cabo unha serie de propostas que se realizarán para público infantil e adulto que acoden ao Club de Lectura Pintor de Castinande e ás Merendas con Contos.

biblioteca sober
biblioteca sober
2 abr 2024

Para conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil e o Día do Libro, dende a Bliblioteca Municipal de Sober levaranse a cabo unha serie de propostas que se realizarán para público infantil e adulto que acoden ao Club de Lectura Pintor de Castinande e ás Merendas con Contos.

A actividade principal será “as biografías da biblioteca: @el hematocrítico”, na que se escribirá unha biografía de Miguel López (A Coruña, 1976 – Vigo, 2023), mestre de profesión, aínda que destacou polo seu labor como autor de libros infantís. Así, os nenos e as nenas de Merendas con Contos farán a presentación deste traballo, o día 19 de abril.

Xa o Día do Libro, 23 de abril, o Club de Lectura realizará unha visita a Celanova para coñecer a Fundación Curros Enríquez e o día 24, todas as persoas que acudan o Centro Sociocultural de Sober, poderán levar como agasallo un libro.

Para rematar, o día 26 haberá un tradicional Mercadiño de Libros, xestionado polos nenos e nenas das Merendas con Contos. Ademais, na Biblioteca estarán expostas durante o mes de abril as Mostras Bibliográficas de H. C. Andersen e de El Hematocrítico.