Tres parroquias de Pantón están sendo escenario de obras para mellorar o abastecemento da auga

RibeiraSacraXa
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a executar as obras de abastecemento de auga potable nas parroquias de San Vicente de Castillón, Santiago de Castillón e Santo Estevo do Mato, no municipio de Pantón.
23 dic 2023

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a executar as obras de abastecemento de auga potable nas parroquias de San Vicente de Castillón, Santiago de Castillón e Santo Estevo do Mato, no municipio de Pantón.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou a marcha dos traballos, que contan cun orzamento próximo aos 600.000 euros, e explicou que para a captación da auga subterránea executouse un pozo de 120 metros de profundidade que leva unha bomba somerxible de 4 kw.

Ademais, construirase un depósito de cabeceira con estrutura de formigón armado e cunha capacidade de 100 metros cúbicos e unha caseta anexa, que acollerá a cámara de chaves, un grupo de presión e un equipo de cloración.

Así mesmo, proxéctanse dúas redes de abastecemento de auga potable dende o depósito de regulación ata os núcleos rurais, que suman case 13 quilómetros de tubaxe soterrada. Arias destacou que a actuación proxectada dará servizo a unha poboación estimada de 239 habitantes equivalentes.

“A Xunta colabora cos concellos para que todos os veciños e veciñas da provincia dispoñan dos servizos básicos independentemente do lugar en que residanapuntou Arias, e fundamentalmente nos pequenos núcleos rurais onde, por dispersión e por poboación, resultan máis custosas as intervencións”, concluíu.