O grupo Teatreiras actuará na Casa da Cultura de Monforte este sábado

RibeiraSacraXa
O salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte acollerá o sábado 18 de novembro a partir das 20.
teatreiras_monforte_inseguridade_social
15 Nov 2023

O salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte acollerá o sábado 18 de novembro a partir das 20.00 horas unha representación teatral con entrada libre e gratuíta dirixida a todos os públicos.

O espectáculo, que leva por título ‘Inseguridade social’, será posto en escena polo grupo monfortino de teatro Teatreiras, que inclúe actores e actrices de entre 9 e 80 anos; e incluso para algún e algunha é a súa primeira experiencia na escena teatral.

Actuarán, así, Alexandra Georgiana, Sofía Rodríguez, Antía Quiroga, Sergio López, Pilar Cambón, Mª Clarisa Mira, Anxo González, Yasmina Iglesias, Noelia Pastor, Rita Aira, Dorinda Veiga, Iago Fernánde, Gloria Guerrero, Mª José Abeledo, Lucía Felpeto Santero e Andrea Abeledo. Mentres, a montaxe, coordinación e dirección é de Francisca Abeledo.

Sinopse 'Inseguridade social'

Esta obra é unha versión libre da comedia “Inseguridad social” de Albert Villaró, que foi traducida ao galego e adaptaba pola coordinadora e directora do grupo Teatreiras para os participantes neste curso 2023, coa intención de que todas e todos poidan disfrutar e aprender lúdicamente da experiencia teatral.

A peza narra con moito humor as peripecias, equívocos e disparates que se van sucedendo na recepción dun hospital. Por alí pasarán personaxes moi diversos que acabarán revoltos no desenlace final: servizo de limpeza, enfermeiras e enfermeiros, doutoras e doutores, psiquiatra, administrativas, varias pacientes e impacientes e un visitador médico particularísimo.

Todas e todos contarán a súa versión e o público verá que… todo é posible.

Cartel Teatreiras, Inseguridade Social
0.17421507835388