O sur de Lugo reforza o Servizo de Axuda no Fogar a través dos fondos da Xunta

RibeiraSacraXa
A Xunta, a través da Consellería de Política Social e Xuventude, concede aos concellos das comarcas de Quiroga, Chantada e Terra de Lemos 509.
2 ene 2023

A Xunta, a través da Consellería de Política Social e Xuventude, concede aos concellos das comarcas de Quiroga, Chantada e Terra de Lemos 509.300 euros en axudas para que financien os servizos sociais municipais de axuda no fogar (SAF).

Estas achegas económicas fíxanse a través do Plan Concertado do ano 2022 e están dirixidas á contratación de persoal, ao financiamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) Básico e á posta en marcha de programas de inclusión.

A partida máis importante do Plan Concertado, 437.190 euros, destínase ao cofinanciamento de 26 traballadores sociais, educadores sociais, auxiliares administrativos e outras categorías que forman parte do persoal dos servizos sociais comunitarios de todos os concellos da zona sur da provincia de Lugo. Ademais, permite contratar a unha persoa máis en Bóveda e outra en Sober.

Así mesmo, o Plan Concertado serve para a apoiar ás Corporacións municipais no desenvolvemento de programas de inclusión e o mantemento de centros de emerxencia social, para o que se reservan 72.135 euros.

As actuacións, que tamén se levarán a cabo noutros concellos da provincia de Lugo, dan prioridade ás axudas de emerxencia social, a programas de educación e apoio familiar e a iniciativas destinadas a persoas sen fogar e a persoas especialmente vulnerables.