Yolanda Álvarez presenta en Monforte o conto 'O misterio do tulipán'

RibeiraSacraXa
Yolanda Álvarez presenta este domingo en Monforte o seu conto 'O misterio do tulipán'.
yolanda_alvárez_portada
10 Dec 2023

Yolanda Álvarez presenta este domingo en Monforte o seu conto 'O misterio do tulipán'. A proposta terá lugar no centro cívico social e comezará ás 17.00 horas.

O primeiro conto desta autora de Bóveda é unha obra que permite reflexionar sobre o Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller e a importancia do bo trato e o coidado cara a todas as persoas e seres vivos que habitamos neste planeta.

Tanto os seres máis diminutos, como os máis grandes, merecen respecto e cariño e isto será algo que a protagonista deste misterio nos vai a axudar a entender mellor. Ademais do contacontos, realizarase un obradoiro no que se vai a crear o 'Fanzine do bo trato'.

https://galiciaxa.com/2023/11/rsxa/sec-rsxa/cul-rsxa/240585/

Yolanda Alvarez Misterio do Tulipan
0.15862607955933