Yolanda Alcas, María Barrado e Andrea Micc foron as gañadoras do segundo encontro do Bóveda Slam Poetry
RibeiraSacraXa
O segundo encontro desta tempada do Bóveda Slam Poetry deixou como gañadoras a Yolanda Alcas, que gañou unha cunca de ouro; a María Barrado, que recibiu unha cunca de prata; e a Andrea Micc, que acadou unha cunca de bronce.
29 Feb 2024

Estas tres mulleres destacaron entre os demais participantes, os ‘slammers’, que foron María Barrado, Ana Belén Gutiérrez, Andrea Micc, J. J. Guille, Joserra, Roberto do Pacio e Yolanda Alcas.
Debido ao éxito que están tendo estes eventos, o vindeiro 30 de marzo celebrarase a terceira xuntanza ás 20.00 horas no Hotel Restaurante Arume de Rubián.