Xosé Piteira gañou a cunca de ouro no terceiro encontro da tempada do Bóveda Slam Poetry

RibeiraSacraXa
O evento Bóveda Slam Poetry acolleu o terceiro encontro da tempada, no que participaron Miguel Tierra, Roberto do Pacio, Inma Otero, Gardián da Torre, María Barrado, Damián Vázquez, Yolanda Alcas e Xosé Piteira.
Bóveda Slam Poetry terceiro encontro
5 Abr 2024

O evento Bóveda Slam Poetry acolleu o terceiro encontro da tempada, no que participaron Miguel Tierra, Roberto do Pacio, Inma Otero, Gardián da Torre, María Barrado, Damián Vázquez, Yolanda Alcas e Xosé Piteira.

Destes, Xosé Piteira gañou a cunca de ouro, Gardián da Torre acadou a cunca de prata e Inma Otero conseguiu a cunca de bronce. Ademais, Gardián da Torre queda clasificado para a Gran Final, pois Xosé Piteira xa se clasificara no encontro I.

Estes encontros serven para compartir literatura, poesía e un momento no que os participantes desfrutan dunha xornada de amizade nun establecemento do municipio de Bóveda.

0.17345595359802