Xosé Estévez presenta o seu novo libro 'Manuel María e o Val de Quiroga'

RibeiraSacraXa
Terá lugar o vindeiro 24 de xullo na casa da cultura a partir das 19.00 horas
Xose-Fernandez-Quiroga
Xosé Estévez
19 Xul 2024

O historiador e profesor quirogués Xosé Estévez, presentará o vindeiro mércores 24 de xullo o seu novo libro 'Manuel María e o Val de Quiroga', unha organizada dende a Concellería de Cultura que terá lugar na casa da cultura a partir das 19.00 horas.

Xosé Estévez é autor de máis dunha ducia de libros e coautor de case medio cento, ademais de ser escritor incansable de artigos periodísticos e participar en conferencias, congresos e simposios.

Neste novo libro, Xosé Estévez recolle cartas e publicacións de Manuel María e fala sobre a súa vinculación con Quiroga. En palabras do propio autor “trátase dun trío entre Manuel María, Quiroga e eu mesmo”.

A súa profunda amizade con Manuel María fai que posúa numerosos escritos enviados polo autor de 'Sonetos ao Val de Quiroga', obra que escribiu pola insistencia de Estévez e da que lle enviou unha copia antes da súa publicación para que lle fixese o limiar.

Xosé Estévez é Diplomado en Estudios Eclesiásticos, Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidad Complutense de Madrid. Doutor en Filosofía y Letras por la Universidad Deusto, da que foi profesor durante moitos anos; pero sobre todo é un gran historiador de Quiroga.

A través dos seus escritos coñecemos lugares e personaxes, moitos deles desaparecidos, que nos dan unha visión da Quiroga dos anos 70 é tamén de importantes persoas vinculadas nalgún momento con Quiroga como puido ser Vicente Vázquez Queipo, inventor das táboas dos logaritmos, e que participou en París na unificación da métrica. Xosé Estévez é un incansable estudoso da nosa historia e fiel seguidor da crenza de que “non se ama o que non se coñece".

0.16504907608032