Xornadas micolóxicas en Sober este mes de novembro

RibeiraSacraXa
Sober acolle unhas xornadas micolóxicas organizadas pola Sociedade Micolóxica de Madrid, a Agrupación Pingadouro e o Concello de Sober.
micologia
2 Nov 2021

Sober acolle o día 6, 7, 8 e 9 de novembro unhas xornadas micolóxicas organizadas pola Sociedade Micolóxica de Madrid, a Agrupación Micolóxica Pingadouro e o Concello de Sober. Na actividade tamén colabora o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme e a Fundación Belarmino Fernández Iglesias.

Todos os días das xornadas haberá saídas ao campo e contarase con exposición e identificación de setas, así coma outras actividades. O día 7, polo seu lado, realizarase unha charla con Enrique Vera, da Sociedade Micolóxica de Madrid e Ramón Losada, o fallo do concurso de debuxo infantil e unha degustación de cogumelos.

Ademais, levaranse a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes para poder gozar dunhas xornadas de aprendizaxe seguras.

cartel sober xornadas micoloxicas
0.17318487167358