Xogos da Amizade organiza un curso de monitor de tempo libre en Monforte
Xogos da Amizade organiza un curso de monitor de tempo libre na Casa do Neno de Monforte a partir do 4 de febreiro, con horario de sábados pola mañá, de 9.00 a 15.00 horas, e de tarde, de 17.00 a 21.00 horas; e os domingos de mañá, de 9.00 a 14.00 horas e de 15.00 a 17.00 horas.
Este curso está homologado pola Xunta de Galicia, o que permite que as persoas que asimilen e aproben todo o temario e pasen as prácticas de forma favorable, obterán o título de Monitor de Tempo Libre.
Neste, daranse contidos relacionados coa normativa que ten que saber o monitor, materia que se impartirá de forma semipresencial por ser a parte máis densa e que se corresponde con 40 das 200 horas de teoría que se impartirán.
Á súa vez, tamén se explicarán conceptos necesarios para que os participantes entendan a complexidade de guiar e atender a nenos de entre 3 e 6 anos nos campamentos e actividades lúdicas nas que poderá desempeñar o seu labor.
Darase moita importancia tamén ao traballo en equipo e formarase aos estudantes a resolver situacións en que hai que estar atentos aos máis pequenos, coidalos, saber o que queren e, en definitiva, ser bos educadores.
Por iso, ao finalizar o curso, terán que escoller un lugar axeitado onde levar a cabo as 150 horas de prácticas que lles corresponden para poder conseguir o recoñecemento.
Para apuntarse, pódese contactar con Alejandro, co número 659 053 370, xa que hai 20 prazas dispoñibles para levar a cabo o curso, que ten un custo de 250 euros.