Xa se poden solicitar ás axudas para a contratación de alumnos do Obradoiro de Emprego Restauración e arquivo dixital de Monforte

RibeiraSacraXa
Xa se poden desfrutar dos paseos en barca polo río Cabe de Monforte ata finais de setembro para as persoas interesadas
Foto de arquivo Inauguración Obradoiro de Emprego
14 Sep 2023

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, que xa se poden solicitar ás axudas para a contratación de alumnos/as do Obradoiro de Emprego Restauración e arquivo dixital Monforte, logo de que este mércores 13 de setembro saíra publicada a convocatoria das mesmas no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

Todas as empresas interesadas en solicitar estas axudas, terán 30 días de prazo, a contar dende hoxe xoves 14 de setembro e ata o 13 de outubro, para formalizar as súas solicitudes.

Trátase de axudas de 1.500 euros destinadas fomentar a contratación por parte de empresas de alumnos e alumnas dos módulos de “Carpintería e de Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos”, que participaron no Obradoiro dual de emprego do Concello, e que rematarán a súa formación o vindeiro 1 de novembro de 2023.

Para poder recibir estas axudas, as empresas deberán formalizar os contratos cos/as alumnos/as e os contratos deberán ser de alomenos 3 meses a xornada completa.

“Deste xeito”, sinala o alcalde, “dende o Equipo de Goberno do Concello, dentro das nosas políticas sociais e económicas, seguimos fomentando a creación de emprego, e neste caso, para facilitar a incorporación ó mercado laboral dos alumnos que veñen de formarse no Obradoiro de Emprego da Pinguela, onde os alumnos recibiron unha interesante formación durante doce meses en dúas especialidades “Carpintería” e “Dixitalización e Arquivo”, realizando unha gran labor en canto a restauración de mobles e carpintería en Xeral, así como a especialidade de dixitalización de documentación histórica do arquivo municipal e cultural.”

A estas axudas poderán optar entidades, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, cuxa actividade estea directamente relacionada coa formación impartida nos obradoiros duais de emprego, e que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados en Galicia.

0.13814401626587