Xa se pode votar a mellor imaxe do concurso fotográfico de Nadal de Segredos de Pantón
A asociación cultural Segredos de Pantón organizou a súa quinta edición do concurso fotográfico de Nadal e agora buscar gañador ou gañadora grazas aos votos do público, polo que habilitaron unha ligazón para votar o que cada persoa pense que é o mellor.
Neste concurso, as persoas que quixeran participar debían sacar fotos que reflexaran paisaxes outonais e invernais de Pantón de calquer tipo, pero que estiveran ambientadas só en lugares do Concello.
As persoas participantes só podían enviar unha imaxe en cor e con temática libre e non puido ser premiada en concursos anteriores nin podía ser manipulada con ningún tipo de edición.
Agora toca a fase final de votación, que comezou o un de xaneiro e alargarase ata o vindeiro 6, día de Reis. O gañador será o máis elixido polos votos da ligazón a Google Drive, pero se houbese un empate, sería a asociación quen decidise a persoa que mellor foto fixo para levarse o premio.
Premios
1º Premio: Cesta con estancia e experiencia agroturística en Fogar do Pumar, un paseo en zodiac para 2 persoas de Turismo Pantón, dous botes de mel do Noso Mel, unha mochila de picnic de Arribeirados, un lote de produtos de Casa da Fonte, un pixama de Rosal Moda e unha masaxe de Noelia Sánchez-Quiromasaxista e adestradora persoal, un vale de 50 euros para La Moderna, un lote de decoracións artesanais de Felt Decor, un bote de mel O Garuleiro e dúas botellas de Adega Sernande.
2º Premio: Cesta cunha noite para dúas persoas con almorzo na Rectoral de Castillón, un bote de marmelada e unha salsa picante de Tutta Fruta, unhas luvas de Rosal Moda, unha botella de Alma das Donas, unha botella de Adega Sernande, unha carteira de Asesoría O Castro, un bote de mel de Mel da Caseira, un vale para un xogo para seis persoas en El secreto del monje, un bote de mel deOuro das Obreiras e unha masaxe de Noelia Sánchez-Quiromasaxista e adestradora persoal.
3º Premio: Cesta cunha estancia para dúas persoas no Ecolagar O Barqueiro, unha mochila de algodón de Teresa Lamela, un lote de produtos de cosmética natural deo Fogar dos soños, un paraugas e unha bufanda de Rosal Moda, unha botella de Alma das Donas, un bote de mel de Mel da Caseira, un libro de Estudio Gnomo, un lote de produtos de Pantón (viño, embutidos, doces e zumes) de Xestogal SCG, un1 bote de mel de Ouro das Obreiras e unha masaxe de Noelia Sánchez-Quiromasaxista e adestradora persoal.